As canles croas de Figueirido

     As canles encóntranse no lugar de As Croas, zona Noroeste da parroquia de Figueirido, Concello de Vilaboa, Provincia de Pontevedra preto da estrada que se dirixe ó Lago de Castiñeiras.EstasCanlesfeitas de pedra presentan unha forma, paraboloide, de un metro de longo e unsdous metros de ancho aproximadamente. Elastraballadas á man. Xeograficamente, As Canlesencóntranseinvadindo o caudal do Rego de FilgueiraouSabaxáns. Este Rego nace no lugar de A Pousa en Figueirido, atravesaPortafoxo e chega As Croas, onde están As Canles.

Presenta dúas canlescunha separación en forma de cuña que bifurca o caudal do Rego de Filgueira, separando as augas en dúas:

1. A canle da esquerda, vai cara o lugar de Sabaxáns e Ponte Filgueira, en Figueirido e Bértola. Neste momento o regato segue denominándose Rego de FilgueiraouSabaxáns.

2. A canle da dereita, vai cara o lugar de As Croas e Balteiro, en Figueirido. A partir de aquí no principio o torrente pasa a denominarse Rego RegueiBazal, RebazalouBazal. Máisadiante pasa a denominarse Rego da Antighidáaoseu paso polos Muiños que recollen ese mesmonome, Muiños da Antighidá. Actualmente quedan dousmuiños dos catro que existían orixinariamente, destesdous, un está completamente restaurado e listo para moer. O Rego da Antighidá forma tres conxuntos de pozos artificiais, algún deles en uso, denominados os Pozos de Bazal (Chan do Vilar), a continuación os Pozos da Antighidá e os Pozos de Padróns.

A separación, do caudal que xenera As Canles, tanto cara Bértola coma cara Figueirido, desemboca no Río dos Gafos. A vertente do Rego FilgueiraouSabaxáns desemboca no lugar de Paradelos. E vertente do Rego Bazal desemboca en Tian.

As Canles, forman parte da marabillosa, múltiple e variada riqueza etnográfica e cultural con que contanFigueirido e Bértola. Son o inicio funcional do aproveitamento acuífero da ladeira Oeste do Coto Redondo, exactamente no lugar de A Pousa e Portafoxo. Ese traballo de pedra manufacturado de simple resolución, servía para facer a partición da auga para o rego en cultivos temporais, tanto naladerira como no fondo do Val Norte-Sur. O cultivo maioritario que se traballaba era o millo.Contan que as canlesfixéronse como consecuencia dunhamorte, pola discusión de dous regantes. O nome con que se coñece, e como a definen os informantes e As CANLES.

A información foi recadada en documentos oficiais do Concello de Vilaboa, no libro Vilaboa do Morrazo de Manuel Castiñeiras Guerra e tamén documentada oralmente por dos informantes nos que agradezo a súasensibilidadenestes temas así como a súa colaboración, Manuel Portela Canosa e Leonardo Pérez López.

Manuel Portela

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com