Ten as súas fontes no Mato da Xestiña, lugar da Boullosa, en Figueirido no Concello de Vilaboa. Despois de percorrer 10.830m verte as súas augas xunto coas do río Lerez na Ría de Pontevedra, no barrio pontevedrés das Corbaceiras.
Varios son os afluentes que achegan auga ao seu caudal entre os que cabería destacar: rego de Antiguidá, río Miñoto ou Filgueira e Ponte Bala pola súa marxe esquerda; e río de Bois, río do Barco, río Pombal e Pintos pola marxe dereita.
O curso principal do río pode cruzarse por medio dun total de 16 pontes. Ademais diso, no barrio de Campolongo, o río flúe a través dun treito de canalización soterrada de 525m de lonxitude.
As vías de comunicación máis importantes que paralelamente acompañan ó río son: Estrada Nacional N-550, Estrada Provincial EP-0002, LAV A Coruña-Vigo e o Camiño Portugués.
O río ten distintas denominacións segundo os lugares por onde pasa. Así chámase COCHO, REGHEIRO, DAS VEIGHAS DA PORTA e DA ESTACIÓN en Figueirido; TOXAL en Bértola, TOMEZA en Tomeza e Salcedo e MENEXO, ESTACIÓN, PALAMIOS, DA GOLETA, DA TABOADA e DOS GAFOS no núcleo urbán de Pontevedra
É dos poucos ríos de Galiza que ten unha clara orientación sur-norte e un trazado case lineal. De feito, só nos últimos 600m do seu percorrido describe unha curva á esquerda que o encamiña xa de forma directa cara ao seu punto de encontro coa Ría de Pontevedra.
O río dos Gafos, ademáis das figuras de protección propias de todos os ríos (zona de dominio público, zona de policía, etc.) dispón de outras figuras máis de protección:
- Zona exenta de caza Ir
- Espazo Natural de Interese Local ENIL Ir | Ver Plan de Conservación
© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com