Vaipolorío

     Vixiante no cumio dun Ameneiro cheo de luz pousado nunha ponla dode ten o seu niño o paxaro a caron do rio dos Gafos que nise intre na amanecida do outono vai mainiño cos seus relanzos prateados e grises de augas cristalinas arrodeado de ourelas verdescentes donde se espellean infinidade de arbores e agroman as flores ventureiras.

O Gafos eo seu mundo cheo de luz e cor de Ameneiros Bidueiros Freixos Carballos e Loureiros etc que enchegando a primavera enchese de arrecendo a mentrasto fiuncho herba luisa e flores ventureiras a amorodos das silveiras e que na festa dos maios os rillotes do barrio adicanse a apañar as ponlas das arbores para a fogueira ala polo san Xoan, lembra o paxaro que no seu rio noutro tempo as mulleres lavaban a roupa nos lavadoiros que se atopaban a caron do rio que logo recollian en caldeiros de zinc ,e noutro tempo moito mais lonxano os leprosos lavaban suas feridas para poder entrar na boa vila e habia muiños cheos de vida donde os veciños facian a moenda do millo e eran un fervedoiro de contos e historias das xentes do rio e ca invernia cando paseniñamente amarelan e caen as follas das arbores da cor do marmelo maduro cando a xeada tiñe de branco alba o verdor das veigas e cando a caron dos carballos agroman os cogomelos .Asombrado o paxaro ve como o rio enchese de lumieiras na noite dos calacus alo por novenbro e entre marzo e abril aparece o seu enemigo natural que lle rouba o niño o entrañabel e cantarin o cuco eo milagre das poesias penduradas das ponlas e os cativos a bañarse na calor do veran e os parrulos a navegar no rio.

Lembrase da sorpresa que levou ao ollar dende a sua atalaia a un fato de homes e mulleres a limpar as ourelas do rio de silveiras e matorrais e sacando lixo e despois centos de cativos e xentes paseando dandolle vida e enchendo de alegria o seu rio paseando por ourelas limpas e pontes e bancos de madeira desfrutando da beleza e paixase do rio, de supeto un vento de tristura ao decatarse que ainda queda un anaco do rio ao seu paso por Campolongo ainda agochado sen descubrir.

Noraboa a Vaipolorio que cunpren dez anos na teima de protexer a coidar o rio de todos nos namentres no cumio dun ameneiro o paxaro segue a vixiar cara ao rio agardando pola chegada dos seus amigos de Vaipolorio que manteñen limpo o seu fogar.

Antón Roel

© 2019 Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com