Ti es,
quen sempre se estaciona
na miña complexidade.
Es quen me ateiga de olladas,
de lúas de auga
e da fraxilidade evocadora
da mellor xeometría.
Es ti,
de cada imaxe imprecisa,
quen embebe a miña lingua
onde só reflexa o cristal
e quen agarda en cada trazo
que prende de min.
Ti es
quen me somete ao tempo
si adoezo en gargalladas
de só pensalo,
es quen me circunda,
quen me desbarra,
e quen segue a creer en min
cando rompo a rir soa.
Ti es o río,
o meu Río dos Gafos.
(Ao Río Gafos; que sempre vai, mentras eu escribo)