Imos da mán do outono ao rio dos GAFOS cando as follas das árbores suicidanse e caen paseniñamente pintando o leito do rio de amarelos ocres e verdes nun derradeiro viaxe, nesta data imos na compaña dos rapaces e rapazas da asociación, XUNTOS SINDROME DE DOWN e XOAN XXIII que son os protagonistas VAIPOLORIO desta vez imos de teloneiros , que alegria o traballar ao seu carón dandonos a todos nós un exemplo de amor e entusasmo pola natureza eo rio retirando papeis plasticos e toda clase de lixo que moitos de nós a cotio tiramos e que tiñamos que ter limpo xá que o disfrutamos.
De súpeto unha algarabia de risos e comentarios na mañán cando atoparon no cauce do rio unha botella cun menxase dentro ,quedei coa magoa de saber o que decia no balbordo da nova eo traballo despisteime e non soupen do contido da menxase.
Vaixa contento o rio ao decatarse que ainda preocupalle alguén que luza limpo e saneado . Agradecido o rio contalle a algun poeta que sabe escoitalo relatos que aconteceron na sua longa vida e tamen a sua historia soio teñen que sentarse ao seu carón como SHIDARTA e saber interpretar o marmurio e escrebelo como fai o poeta CALROS SOLLA de ai sairon preciosos relatos e libros ,ANDAR PRIMEIRO DE RIO , O DEMO ASUBIADOR , O RIO DA MEMORIA, CARTAFOL DO RIO DOS GAFOS recen saido do prelo que e unha soia para o que queira saber da historia do rio.
Nós na nosa infancia que xogabamos ao seu carón, tamen sen ser poetas falabamos co rio e sabiamos o seu lenguase eramos parte del é confiaba en nós e contabanos cousas, ata que dimoslle as costas, o traizoamos e deixamos que taparan o tramo de xogos da nosa infancia , e como castigo fomos perdendo memoria e xa nón nos lembramos do lenguaxe do rio e as historias que nos contaba , Algun como SARTIER ainda lembra aqueles tempos e contao no libro ,OS DIAS DE F.L ao millor e que tamen e poeta como SOLLA eo rio contalles cousas que ali aconteceron ea nós neganos.
Nón todas son novas no Gafos pois de súpeto vaixa triste ao decatarse que cortaron dous árbores que lebavan moitos anos ao seu carón , vellos carballos que eran o fogar de moitos pasariños e dabanlle sombriza no verán é espellabanse nél, supoño que haberia unha razón para cortalos, pero unha carta que ia ser de alegria remata triste din ,que o noso árbore de referencia, o carballo de Santa MARGARIDA ten risco de derrume agardamos que non lle fagan un tratamento tan drastico como aos carballos do GAFOS . Marcho do rio con tristura e lembrome de Rosalia ….TRISTE EO CANTAR QUE CANTAMOS. MAIS QUE FACER SE OUTRO MILLOR NON HAI .
© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com