Síntote

Canta o río
no Toxal,
i en Valentín.
Canta o río
na miña alma.
El quere que sexa así

Contan as túas augas
moito do noso ser.
Levan risas, ilusións
e bicos no anoitecer
Mais tamén levan a negrura
da desidia e da avaricia
das xentes de mal ser.
Non son quen de sentirte
nin de desexesarte ben.

Gosto saber que noutro tempo
as túas augas corrían limpas
coma o sangue dun recén.
Sen maldade, transparentes,
cheas de vida e ávidas de saber.

Porque ti és escola i és enredo,
és segredos de namorados,
é-lo río que ben quero
I é-lo que me fai padecer.
Mais tamén quita-las penas
coma se foses un fillo.
Encántame cando te revolves
e disfruto véndote enchido,
amosando a túa bravura,
o teu xenio contido.
Pra despois voltares manso
pra facerme de acubillo.

Camiñar a túa beira,
acochada no valor,
fai que me sinta pequena.
Fasme sentir amor

Rosalía

© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com