Temos un dito na cidade … Despois da Peregrina inverno enriva, agora por mor da Feira Franca alongamos o tempo de veràn un pouco mais . Chega setembro co madurecer das uvas, niste ano tamen co agromar das promesas electorais ea recolleita dos votos è tempo de prometer e esquecer cando os politicos se lembran de que estan ai porque nòs os puxemos e cando nos sorrien e estan mais preto de nòs.
Se o rio dos Gafos o noso rio da infancia poidera pedir diria que lle devolvesen a luz que lle rouvaron ao seu paso por Campolongo donde a miña xeneraciòn chogabamos de cativos e moita xente vivia del. Apurabamos os derradeiros baños do veràn que esmorecia no rio antes de principiar na escola, secabamonos cas raiolas do sol de Setembro na compaña dos cabaliños do demo as donosiñas da sorte e bolvoretas, niste tempo o rio ia con pouca auga tocabamoso fondo coa man e tiñamos que desputarlle espazo nas pozas as rans, apañabamos as amorodos nas silveiras nas beiras que cas primeiras choivas escomenzaban a reverdecer gatexabamos polos frutais ventureiros na procura de pexegos e mazàs pelexando cos merlos polos figos vixiando os niños dos paporubios e xilgaros que buscaban acubillo para o inverno que xa presentian, tumbados na herba a secar ca morneza das raiolas do sol ollabamos o voar acrobatico dos estorniños. Por certo que sinxelo foi esterminar na cidade uns pasariños tan cativos. Non e tan doado ao perecer facer o mesmo cas gaivotas.
Seria bo que alguèn se lembrase na campaña electoral do rio dos Gafos o que mais agresions sufre e ainda que non sexa prioritario que prometera devolverlle a luz que lle roubaron e se destapase o tramo cuberto en Campolongo, que o rio foxe un aula de natureza aberta para a comunidade escolar cos cativos non teñan que descubrer en internet a beleza dun rio que teñen ao seu caròn. Que se retire a cancela eo camiño de cemento que non leva a ningures na carballeira cos veciños adicaronlle a Manuel Maria poeta da natureza Que se arranxen os bancos e as pasarelas de madeira. Que retiren as àrbores e as polas que murcharon e caeron no cauce . Que este limpo sen lixo iso xà tiña que ser cousa de todos nòs niso non podemos botarlle a culpa a os politicos, somos os veciños e as xente que pasea e desfruta del a cotio e que vai cos cans quenes temos a obriga de mantelo limpo.
Que se recupere algun dos muiños para facer un museo etnografico da historia do rio dos Gafos .Que se recuperen espazos que lle foron roubados ao rio para desfrute da cidadania Que se recupere o xardin do edificio de Sanidade e cunha ponte de madeira se una ao paseo. Que o espazo que ai a caron de Ponte Boleira entre a avenida de Vigo ea rua Fernandez Ladreda se recupere e sexa acesibel para desfrute dos veciños da contorna è que agora soio e un soporte para valados de publicidade. Que se talen os àrbores è as herbas que non sexan autoctonos
Como nòn todo vai ser negativo quero dar os parabens en nome do rio a Deputacion e Concello por vir de aprobar os orzamentos para o saneamento integral do Gafos ,oxala asiña comenzen as obras.
© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com