2001
Primeira campaña de limpeza
Cunha duración de 20 domingos consecutivos (de maio a setembro), dende as 09.00 ata as 12.00 h, un grupo de veciños e veciñas dos concellos de Vilaboa e Pontevedra retiramos maleza e todo tipo de lixo (plásticos, rodas, zapatos, roupa, enseres de cociña, etc), aproximadamente 5 toneladas. Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro de Menores Avelino Montero.
OBRADOIRO E COLOCACIÓN DE CAIXAS NIÑO
Coa participación de 31 rapaces e rapazas confeccionáronse 25 caixas niño, que foron colocadas en todo o tramo do río, dende o seu nacemento ata a súa desembocadura, co obxectivo de favorecer e fixar poboación de paxaros no dito hábitat.
SOLTA DE TROITAS
Soltáronse, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, 2000 troitas ( Salmo Trutta Fario ) coa finalidade de incrementar a riqueza piscícola do río.
CONSTRUCIÓN DE PONTES DE MADEIRA
Elaboráronse e colocáronse diversas pontes de madeira sobre o río e os seus afluentes, para favorecer as camiñadas.
CATALOGACIÓN DE AVES
Programáronse distintas saídas cun ornitólogo para levar a cabo un inventario das diversas aves que viven ou visitan o río.
CATALOGACIÓN DE INSECTOS
Programáronse distintas saídas cun entomólogo para levar a cabo un inventario dos diversos macroinvertebrados que habitan ou visitan o río.
ELABORACIÓN DUN INFORME
Elaborouse un informe onde se reflectiron tódalas agresións que está a sufri-lo río (urbanísticas, vertidos, etc.) e foilles remitido ás distintas institucións que teñen competencia sobre o coidado e o mantemento do río.
I FESTA DO RÍO
Contou coa participación de tódolos veciños que dun xeito ou doutro participaron nas diversas actividades que se desenvolveron no ano 2001. A dita festa contou con música tradicional, comida, xogos populares e obradoiros de reciclaxe, así como cun paseo polo río.
2002
CONCESIÓN A ESTE COLECTIVO DO PREMIO "CIDADE DE PONTEVEDRA"
Outorgado polo Concello de Pontevedra polo coidado e defensa do medio natural.
EXCURSIÓN Á AULA CHELO (AULA DO RÍO, BETANZOS, A CORUÑA)
Participaron 54 persoas co obxectivo de coñeceren, dende un punto de vista técnico-científico, o ecosistema dos ríos.
I CEA ANIVERSARIO E CELEBRACIÓN DO PREMIO CIDADE DE PONTEVEDRA
II CAMPAÑA DE LIMPEZA
Levouse a cabo durante 13 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás do ano 2001, agás que se retirou menos cantidade de lixo e maleza, aínda que, como a campaña se centrou máis no leito do río, atopáronse unha "granada de piña" e unha "mina anticarro" que lles foron entregadas ós técnicos en desactivación de explosivos da Policía Nacional (TEDAX). Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama e do Centro de Menores Avelino Montero.
EXPOSICIÓN DE LIXO DA CAMPAÑA DE LIMPEZA
Realizouse, con elementos curiosos e anecdóticos que foron retirados na dita campaña, no Paseo sobre o río no barrio de Campolongo (Pontevedra capital); constou de 200 obxectos.
II FESTA DO RÍO
Contou con grupos de música tradicional (Os Chichisos, Foula e Cultural Cobres), comida (polbo á feira e carne ó caldeiro), xogos populares e obradoiros de reciclaxe, teatro e un paseo polo río.
ELABORACIÓN DUN FOLLETO INFORMATIVO
Confeccionouse un folleto informativo sobre o río en colaboración con Política Lingüística da Xunta de Galicia (4.000 exemplares).
CONSTRUCIÓN DE PONTES DE MADEIRA
ESTUDO PISCÍCOLA EN COLABORACIÓN COA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
ACORDO COS CENTROS EDUCATIVOS
Prográmanse visitas ó río dos alumnos dos centros Riomaior e Toural de Vilaboa e Campolongo de Pontevedra.
XORNADA LÚDICA Ó CARÓN DO RÍO
En colaboración coas asociacións Dajalca, Xarume e Maluna, formadoras de monitores de tempo libre.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO IES DE PONTE CALDELAS
Acompañados por membros de Vaipolorío
2003
EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS
Na Casa do Coto en Tomeza, Pontevedra, fíxose unha exposición de fotografías das distintas campañas de limpeza.
II CEA ANIVERSARIO EXCURSIÓN Ó PARQUE BIOLÓXICO DE VILANOVA DE GAIA, PORTUGAL
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO O TOURAL DE VILABOA
Acompañados por membros de Vaipolorío.
ELABORACIÓN DUNHA UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE O RÍO
Participan os colexios O Toural de Vilaboa e Campolongo de Pontevedra, así como o Concello de Pontevedra.
REMÁTASE A CATALOGACIÓN DE AVES DO RÍO
Despois de oito saídas ornitolóxicas (dúas por cada estación do ano), remátase a catalogación de aves, coa colaboración do ornitólogo Ramón Sineiro de Saa.
III CAMPAÑA DE LIMPEZA
Levouse a cabo durante 10 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores. Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama e do Centro de Menores Avelino Montero.
ROTA DO RÍO
Iníciase xunto co Club de Montañeiros de Pontevedra o estudo para o deseño da rota polas beiras do río dos Gafos.
III FESTA DO RÍO
Contou coa actuación do grupo de música tradicional Os Chichisos, unha comida (polbo á feira e carne ó caldeiro), xogos populares, reciclaxe de papel, un paseo polo río e a exposición de obxetos curiosos retirados na campaña de limpeza.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PLACERES, PONTEVEDRA
Acompañados por membros de Vaipolorío.
RECUPERACIÓN DA PONTE DO REBÓN
Procedeuse coa colaboración do Sr. Miguel de Tomeza, canteiro, á rehabilitación dos petrís da ponte do Rebón.
EXCURSIÓN POLO RÍO DA ASOCIACIÓN A FRANCA IRMANDADE
Acompañados por membros de Vaipolorío.
REUNIÓN CO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN
Membros do colectivo reuníronse co Presidente da Deputación de Pontevedra co fin de solicitar financiamento para a publicación do catálogo de aves do río.
2004
III CEA ANIVERSARIO
PLANTACIÓN DE ÁRBORES
Sumámonos á campaña da Consellería de Medio Ambiente "Un millón de árbores para os camiños" plantando árbores na beira do río.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PLACERES, PONTEVEDRA
Acompañados por membros de Vaipolorío.
ROTA DOS GAFOS
Instalación dun panel informativo da Rota Ecolóxica do río dos Gafos.
IV CAMPAÑA DE LIMPEZA
Levouse a cabo durante 9 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores. Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama, coa da Asociación de Veciños San Andrés de Figueirido, Os Verdes, Asociación pola Defensa da Ría e Franca Irmandade.
CONCESIÓN DO PREMIO AMIGOS DE PONTEVEDRA
A asociación Amigos de Pontevedra ten a ben concedernos, no apartado de institucións, o premio Amigos de Pontevedra polo traballo de recuperación das beiras do río dos Gafos e pola acción sociocultural.
IV FESTA DO RÍO
Contou coa actuación do grupo de música tradicional PaidaCana, unha comida (polbo á feira e carne ó caldeiro), xogos populares, un paseo polo río e a exposición de 111 envases de vidro retirados do leito do río nas distintas campañas de limpeza. Nesta ocasión rendéuselle homenaxe ó finado poeta Manuel María coa lectura de varios dos seus poemas.
RECUPERACIÓN DA TOPONÍMIA
Iníciase a recuperación da microtoponímia (toponímia menor) do río, coa colaboración de veciños e veciñas das distintas parroquias bañadas polo río dos Gafos. O dito traballo diríxeo o filólogo Calros Solla Varela.
2005
PLANTACIÓN DE ÁRBORES
Plantación de diversas especies autóctonas propias de ribeira. Actividade dirixida fundamentalmente a rapaces e rapazas.
RECUPERACIÓN DA TOPONIMIA
Continúase cos traballos de recuperación da toponimia iniciados a finais do ano pasado.
LIMPEZA DOS MUÍÑOS DE CABANAS
Levouse a cabo a limpeza dos muíños de Cabanas, consistente en desbroce de maleza, limpeza da canle, etc.
DENUNCIA DE VERTIDOS
Denúnciase ante as autoridades competentes e ante os medios de comunicación que o tramo urbán sufre vertidos líquidos cunha periodicidade duns quince días.
CATALOGACIÓN BOTÁNICA
Iníciase a catalogación de árbores, arbustos e herbas, coa dirección do botánico Javier Silva Pando.
V CEA ANIVERSARIO EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO PÚBLICO FROEBEL DE PONTEVEDRA
Acompañados por membros de Vaipolorío.
PRESENTACIÓN DA UNIDADE DIDÁCTICA "O RÍO DOS GAFOS É O NOSO RÍO"
Coa colaboración do Concello de Pontevedra e CEIP Campolongo.
ROTEIRO DO RÍO GAFOS "OS TOPONIMOS DO GAFOS"
En colaboración co Concello de Pontevedra, dentro do programa "Maio mes da lingua". Dito roteiro estivo comentado polo filólogo Calros Solla Varela.
VISITA GUIADA O COUREL
V CAMPAÑA DE LIMPEZA
Levouse a cabo durante 7 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores. Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama en tódalas xornadas, e coa Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra nunha xornada.
COLABORACIÓN NA lll EDICIÓN DE TERRA DE TODOS
Actividade organizada pola asociación ecoloxista e cultural Verbo Xido, de Terra de Montes.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA POLO RÍO DE ALUMNOS DO COLEXIO SAGRADO CORAZÓN DE PLACERES DE PONTEVEDRA
Acompañados por membros de Vaipolorío.
REUNIÓN CO DELEGADO PROVINCIAL DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
PRESENTACION DO LIBRO "AVES DO RIO DOS GAFOS"
PARTICIPACION NO "PROXECTO RIOS"
Promovido por ADEGA.
2006
CAMIÑADAS FOTOGRÁFICAS POLO RÍO
Leváronse a cabo diversas camiñadas fotográficas polo río co obxectivo de facer un arquivo fotográfico da situación actual do río e do seu entorno.
CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS
Solicitouse a Consellería de Medio Ambiente a inclusión de diversas árbores que están situados nas beiras do río, no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
GRAVACIÓN E PRESENTACIÓN DOCUMENTAL
Levouse a cabo a gravación do documental "Vémonos no río, a descuberta do río dos Gafos", con alumnos de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra. Foi presentado na Sala Sargadelos de Pontevedra, a cidadanía en xeral, e no CEIP Campolongo aos directores dos centros de ensino da comarca de Pontevedra. A Universidade de Vigo, dentro do IV Premio de Creación Audiovisual, concedeulle o segundo premio a dito documental.
DENUNCIA DE VERTIDOS
Denúnciase ante o SEPRONA e ante os medios de comunicación que no tramo onde o río se denomina Toxal, na freguesía de Bértola, Vilaboa, sufriu un vertido dun "líquido" que provocou a morte da totalidade dos peixes nun tramo de dous kilómetros.
CATALOGACIÓN BOTÁNICA
Continúase coa catalogación de árbores, arbustos e herbas, coa dirección do botánico Javier Silva Pando.
EXCURSIÓN DIDÁCTICA
Visita de alumnos do centro Príncipe Felipe de Pontevedra, acompañados por membros de Vaipolorío.
FIXANDO TOPONÍMIA
Levouse a cabo a colocación de letreiros indicativos de diferentes lugares, afluentes, pontes, etc., que corresponden co traballo desenrolado polo filólogo Calros Solla fai un ano, para a recuperación da microtoponímia do río Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos, tratando de conquerir con elo que a xente que camiñe polo Río identifique os nomes cos que tradicionalmente se viñan denominando ditos espacios. Ditos letreiros son de "pedra do país" reutilizada, co gaio de minimizar os residuos que producen os obradoiros de cantería e por outra banda a utilización dun material autóctono.
VISITA GUIADA O INVERNADOIRO
Dita visita foi realizada ao Parque Natural - Zona de Especial Protección dos Valores Naturais do Invernadoiro, Concello Vilariño de Conxo - Ourense.
VI CAMPAÑA DE LIMPEZA
Levouse a cabo durante 8 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores. Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama en dúas xornadas, coa Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra nunha xornada e coa Asociación Arela.
PARTICIPACION NO "PROXECTO RIOS" PROMOVIDO POR ADEGA
Continúase coas diferentes actividades dentro do Proxecto Ríos, promovido pola Asociación de Defensa Ecolóxica de Galicia.
OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DE COMPOSTAXE
Organizouse un obradoiro de elaboración de compost (teórico-práctico), en colaboración co Grupo Ecoloxista Gaia, de A Illa de Arousa, e o CEIP de Campolongo de Pontevedra.
SAÍDA BOTÁNICA AO COMPLEXO INTERMAREAL DE A LANZADA
Saída botánica para a descrición de ecosistemas existentes e evolución do territorio do espacio protexido istmo da Lanzada.
PROGRAMA NOITES ABERTAS
En colaboración coa Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra, organizouse unha saída nocturna polo río dos Gafos, dirixida polo naturalista Federico de la Peña.
MEMORIA HISTÓRICA
Levouse a cabo ao carón da Ponte da Condesa un relatorio a cargo de veciños do río que directa e indirectamente sufriron a represión do réxime franquista.
PONTE DO COUTO
Solicitouse das administracións (Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Consellería de Medio Ambiente) a recuperación da Ponte do Couto, así como do seu entorno, situada sobre o río dos Gafos ó carón da Rúa Otero Pedrayo neste concello de Pontevedra.
CATÁLOGO MICOLÓXICO DO RÍO
O obxectivo desta actividade é coñecer a biodiversidade fúnxica que alberga o bosque de ribeira do Río dos Gafos. O encargado de coordinar esta catalogación é Jaime Bernardo Blanco Dios, enxeñeiro agrónomo e experto en micoloxía.
XORNADA DE ANELAMENTO CIENTÍFICO
Levada a cabo por Vitor Cabaleiro, anelador científico, membro de Vaipolorío.
CAMPAÑA DE RECUPERACIÓN DE FOTOS ANTIGAS
Iniciouse una campaña pra recuperación de fotos antigas do río, do seu entorno e das persoas que tiveron nalgún momento relación co mesmo
2007
CATALOGACIÓN BOTÁNICA
Fixéronse 5 saídas botánicas rematando este ano o traballo de campo, cun total de 18 xornadas, durante os anos 2005, 2006 e 2007, dirixidas polo botánico Francisco Javier Silva Pando.
CATÁLOGO MICOLÓXICO
Realizáronse 5 saídas pra elaboración do catálogo micolóxico do río, dirixidas polo micólogo Jaime Blanco Dios.
FOTOS AÉREAS
Encargóuselle ao fotógrafo Nelson o traballo da realización de fotos aéreas do río dende o nacemento ata a desembocadura. Dito traballo consistiu en realizar un vó cun helicóptero e unha cámara de alta resolución.
DENUNCIAS
Denúnciase ante as autoridades competentes e ante os medios de comunicación as seguintes denuncias:
1. Situación da Ponte do Couto.
2. Cabina no entorno da Ponte da Condesa.
3. Vertido de entullos no lugar das Brañas.
4. Levantamento de muro no río Pintos, Marcón.
5. Caseta pra captación de auga no río Tomeza
SAÍDAS DE EDUCACIÓN MEDIO AMBIENTAL POLO RÍO TOMEZA:
1. 1 saída coa ludoteca Marioneta.
2. 2 saídas co Concello de Pontevedra.
3. 1 saída co Colexio O Toural de Vilaboa.
4. 1 saída co CEIP San Martiño de Salcedo.
5. 1 saída co Concello de Vilaboa.
6. 1 saída con Monitores Medio Ambientais do Concello de Vilagarcía.
VISITA OS MUÍÑOS DO FOLÓN E AO PARQUE NATURAL MONTE ALOIA
VII CAMPAÑA DE LIMPEZA
Levouse a cabo durante 7 domingos consecutivos, cunhas características semellantes ás de anos anteriores. Nesta campaña contouse coa colaboración de persoal e internos do Centro Penitenciario A Lama en dúas xornadas, e coa Asociación Arela.
PARTICIPACION NO "PROXECTO RIOS" PROMOVIDO POR ADEGA
Continuamos coas diferentes actividades dentro do Proxecto Ríos, promovido pola Asociación de Defensa Ecolóxica de Galicia.
PONTE DO COUTO
Reiteróuselle ás administracións (Concello de Pontevedra, Deputación de Pontevedra e Consellería de Medio Ambiente) a recuperación da Ponte do Couto, así como do seu entorno, situada sobre o río dos Gafos ó carón da Rúa Otero Pedrayo neste concello de Pontevedra.
PROGRAMA NOITES ABERTAS
En colaboración coa Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra, organizouse unha saída nocturna polo río dos Gafos, dirixida polo naturalista Federico de la Peña. Ao remate houbo unha degustación de ortigas, preparadas de diferentes xeitos.
CAMPAÑA DE RECUPERACIÓN DE FOTOS ANTIGAS
Continuouse coa campaña pra recuperación de fotos antigas do río e do seu entorno. Durante este ano adquiríronse diversas fotos e postais a diferentes organismos e particulares.
REXISTRO DA ASOCIACIÓN
Procedeuse a inscribir a asociación no rexistro de Asociacións de carácter Medio Ambiental creado pola Xunta de Galicia.
EXPOSICIÓN DE FOTOS AÉREAS
Expuxéronse durante o mes de decembro 20 fotografías aéreas de tamaño 40x30, onde se recollía todo o tramo do río, dende o nacemento ata a desembocadura. Dita exposición estivo na Casa do Coto, Tomeza
INSPECCIÓNS NO RÍO
Realizáronse 2 saídas pra inspeccionar a situación do río (vertidos, invasión do dominio público, talas ilegais, etc.).
E.N.I.L. (Espacio Natural de Interés Local)
Realizado como proxecto de fin de carreira, Alba María Noya Vázquez elaborou un estudo pra declaración do río dos Gafos como ENIL, dito traballo foi promovido por Vaipolorío e dirixido por Adolfo Cordero Rivera, profesor da Universidade de Vigo. Dito proxecto foi presentado ós concellos de Vilaboa e Pontevedra prá súa tramitación.
XORNADAS DE MANTEMENTO
Realizáronse 2 xornadas de mantemento coa finalidade de retirar lixo e limpeza do sendeiro.
2008
VIII CAMPAÑA DE LIMPEZA
Levaronse a cabo 7 xornadas de limpeza da VIII campaña, coa colaboración do Centro Penitenciario de A lama,Centro de Axuda a Infancia Arela.
DENUNCIAS
. Realizaronse diversas denuncias ante as administracións sobre vertidos e actuacións ilegais no dominio público do río.
CATALOGACIÓN MICOLÓXICA
Saídas para a catalogación micolóxica do río co enxeñeiro agrónomo Xaime Blanco.
GRAVACIÓNS
En diferentes tramos do río realizaronse grabacións de sons co colectivo Escoitar.org.
GRAVACIÓNS
Tamén se realizaron grabacións de sons de morcegos co colectivo Escoitar.org, no Día Europeo dos Morcegos.
XORNADA DE LIMPEZA E MANTEMENTO DAS PONTES
PROPOSTAS
Fixose unha proposta ante a Xunta de Galicia para a declaración do río e o seu entorno como zona de seguridade exenta de caza.
SEÑALIZACIÓN
Colocación de diferentes carteis para a identificación da flora e da fauna, en colaboración co Concello de Pontevedra
XORNADA DE ANELAMENTO DE AVES
Levouse a cabo nas beiras do río co biólogo Vitor Cabaleiro.
EXPOSICIÓN DE FOTOS AÉREAS
. Na Casa Cultural de Cobres, no Concello de Vilaboa.
XORNADA DE MANTEMENTO DO SENDEIRO NATURAL NO SEU TRAMO RURAL.
VISITA
Visita ao Espazo Natural dos Muíños do Folón e Picón no Concello de O Rosal.
SAÍDAS
Realizaronse diversas saídas relacionadas co Proxecto Ríos o longo do ano.
VISITAS CON COLEXIOS E ASOCIACIÓNS VECIÑAIS E CULTURAIS
2009
IX CAMPAÑA DE LIMPEZA
Levaronse a cabo 7 xornadas de limpeza da novena campaña,coa colaboración do Centro Penitenciario de A lama,Centro de Axuda a Infancia Arela e o Centro de Menores Avelino Montero.
DENUNCIA
Denuncia ante as administracións de vertidos producidos por unha alcantarilla no río Pintos – Tomeza.
VISITA
Visita a colexios de Pontevedra Marcón, Lourizán, Salcedo, Sagrado Corazón.
EXPOSICIÓNS
Fotos antigas e aéreas en Correos
EXPOSICIÓN
Fotos aéreas na Casa Cultural de Riomaior, Vilaboa.
ESTUDO HIDROLÓXICO.
Inicio do estudo hidrolóxico do río.
PASE DE FOTOS ANTIGAS NO BAR CISNE DE PONTEVEDRA
SAN XOÁN
Con motivo da festividade de San Xoán realizouse unha xornada de herbas e rituais.
XORNADAS
Neste ano realizaronse xornada de noites abertas co Concello de Pontevedra e tamén xornadas de mantemento do sendeiro.
APOIO
Escrito de apoio aos veciños de Salcedo pola franxa de seguridade da Brilat.
INFORME
Elaboración dun informe de situación do río.
EXCURSIÓN
Excursión ao centro de recursos zooxenéticos de Galicia.
PLANTACIÓN
Xornada de plantación de salgueiros e abeleiras.
PROPOSTA
Proposta pro premio Cidade de Pontevedra á Asociación Salvemos Pontevedra
VIDEOCONFERENCIA
Realización dunha videoconferencia cun grupo ecoloxista de Verín.
CONVENIO
Convenio de colaboración coa Dirección de Institucións Penitenciarias para a recepción de penados para a realización de traballos en beneficio da comunidade no río dos Gafos.
CATALOGACIÓN ENTOMOLÓXICA
Continuación coa catalogación entomolóxica do río.
PLANTACIÓN DE ÁRBORES
Plantación de árbores de ribeira (ameneiros,freixos,salgueiros…) nas marxes do río.
VOZ NATURA
Participación no programa de Voz Natura para a realización dun documental titulado “Río dos gafos, flora e fauna dun río galego” en colaboración coa Universidade de Vigo.
2010
X CAMPAÑA DE LIMPEZA
6 xornadas de limpeza da décima campaña, coa colaboración do Centro Penitenciario de A Lama e a Asociación Juan XXIII de Pontevedra.
PLANTACIÓN DE ÁRBORES
Xornada de plantación de árbores autóctonas. Tamén se procedeu a retirada de árbores caidas e plantación de novos exemplares.
CAMPAÑA ESCOLAR
Campaña "Os CEIP de Pontevedra van polo río dos Gafos II"
PASEO DIDÁCTICO POLO RÍO DOS GAFOS
CAMPAÑA ESCOLAR
Campaña itinerante de promoción do río dos Gafos. CEIP Marcos da Portela de Monteporreiro.
CHARLA
Charla no CEIP Álvarez Limeses: "flora e fauna do río dos Gafos".
DOCUMENTAL
Gravación do documental "río dos Gafos, flora e fauna dun río galego"
CHARLA
Charla sobre o rio Gafos no CEIP Riomaior de Vilaboa.
RESTAURACIÓN
Restauración do muíño de cabanas.
PASEO DIDÁCTICO
Co CEIP Riomaior de Vilaboa.
CHARLA
Charla no CEIP de Pontesampaio.
DENUNCIA
Presentación denuncia ante a Fiscalía da Provincial de Pontevedra.
PASEO DIDÁCTICO
Paseo didáctico co CEIP Pontesampaio.
NOITES ABERTAS
Programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra coa actividade “Río de luces”.
EXCURSIÓN
Excursión 2010 visita a Ponte da Lima e o paraxe natural protexido das lagoas de Bertiandos e San Pedro de Arcos en Portugal.
VISITA
Visita alumnos do Sagrado Corazón de Praceres ó río dos Gafos
ACTIVIDADE "POEMA-RIO"
Programa Maio mes da Língua do Concello de Pontevedra, coa actividade “Poema - río”.
DOCUMENTAL
Presentación documental sobre o Gafos.
VISITA
Visita o Gafos do IES Frey Martin Sarmiento de Pontevedra.
VISITA
Visita o Gafos do CRA de Vilaboa.
VISITA
Visita o río Gafos de alumnos do CEIP Campolongo.
VISITA
Visita o rio Gafos de alumnos do CEIP Riomaior de Vilaboa.
PRESENTACIÓN CAMPAÑA LIMPEZA 2010
SAN XOÁN
Con motivo da festividade de San Xoán realizouse unha xornada de herbas e rituais.
PASEO
Paseo polo río dos Gafos con Vaipolorío.
SAIDA PARA O RECOÑECEMENTO DOS MACROINVERTEBRADOS
No río Gafos
CONCURSO DE IDEAS
Concurso de ideas “Ponlle título a esta obra” feita con lixo retirado do río dos Gafos.
EXPOSICIÓN
Exposicion de fotos das herbas de San Xoan.
ENTREGA DE PREMIO CONCURSO DE IDEAS
Entrega do premio “Ponlle título a esta obra” de Vaipolorío.
PARTICIPACIÓN
Organización e participación na Manifestación antitaurina na cidade de Pontevedra.
INSPECCIÓN DE PUNTOS DE VERTIDOS
Saida para inspecionar puntos vertidos o río Gafos o seu paso polo tramo urbano.
VOZ NATURA
Programa Voz Natura - Fontes e Bocaminas do río dos Gafos – auga para a vida.
XORNADA DE LIMPEZA SIMULTÁNEA
Participación na III Xornada de limpeza simultánea en ríos.
CONFERENCIA
Conferencia “Os insectos do río dos Gafos”
2011
Restauración
3 xornadas de restauración do Muiño de Cabanas
Plantación de Árbores
8 xornadas de visitas Guiadas ao río
4 xornadas de análisis biolóxicas dentro do Proxecto Ríos
3 xornadas de limpeza e sinalización de fontes e bocaminas dentro do programa Voz Natura
Campaña de Limpeza 2011
6 xornadas
Festa restauración muíño de Cabanas
Gravación Documental
"Un ano no río dos Gafos"
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Presentación do estudo Hidrolóxico
Xornada de herbas e rituais de San Xoán
Limpeza
6 xornadas de limpeza da presa do Muíño de Cabanas e do Toxal
Limpeza coa Asociación Juan XXIII
Recollida de landras coa Asociación Juan XXIII
2012
3 xornadas de plantación de árbores de ribeira (salgueiros e ameneiros)
Participación no programa Voz Natura
Erradicación da especie invasora tradescantia fluminensis.
Celebración día dos humidais
Visita guiada As Brañas do río Tomeza.
4 xornadas de divulgación da fauna acuática (proxecto ríos)
Presentación
Inicio do proxecto: Descuberta e recuperación ambiental do río Gafos ao seu paso por Campolongo.
Presentación do documental "Metocas"
Campaña de limpeza 2012
5 xornadas.
Grabación do documental
"Construcción dun palleiro de herba".
Xornada de herbas e rituais do San Xoán
Presentación do libro "Poema-río dos Gafos"
Presentación do documental "Un ano no río dos Gafos"
Inicio do estudo
Fontes, bocaminas e olleiros da conca do río CochoToxal-Tomeza-Gafos.
Construcción dunha ponte de madeira no lugar de Casal do Río
Inicio da grabación do documental " O muiño de Cabanas"
Limpeza
Entorno e das presas dos muíños do Toxal e de Cabanas. 4 xornadas.
Presentación de alegacións
Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia.
Sinatura do convenio
Vaipolorío-Concello de Pontevedra sobre mantemento do sendeiro no tramo rural.
Presentación de 8 denuncias
Asentamentos xitanos, situación Ponte do Couto, corta de árbores de ribeira, entullos na ponte da Estrada, vandalismo no tramo urbano, alcantarillado tramo do río Toxal, interrupción do sendeiro polas obras da liña de Alta Velocidade e verquidos nas obras do Pino.
2013
6 xornadas de limpeza da XIII campaña, coa colaboración da Asociación Juan XXIII de Pontevedra
3 xornadas de mantemento do sendeiro
Xornada de retirada árbores caidas / plantación de novos exemplares
Campaña por 8 CEIP de Pontevedra “Tesouros biolóxicos do río Gafos I"
10 paseos didácticos polo río dos Gafos con alumnos de Moaña, Cangas, Bueu, Marín, Vigo, Vilaboa, Pontevedra, Italia e Chipre
Gravación do documental "Centeo", dentro da triloxía “Construccións efémeras no río Gafos”
Presentación do documental “O muíño de cabanas
Xornada de identificación teórico-práctica dos anfibios e réptiles do río Gafos
Programa Noites Abertas 2013 do Concello de Pontevedra coa actividade “Morcegos”
Participación no programa Maio mes da Língua do Concello de Pontevedra
San Xoán - herbas e rituais
Saída para o recoñecemento dos macroinvertebrados do río Gafos
Participación na Manifestación antitaurina na cidade de Pontevedra
Saída para inspeccionar puntos vertidos o río Gafos
Programa Voz Natura “erradicación da planta exótica e invasora tradescantia fluminensis”
Participación na Xornada de limpeza simultánea de ríos, coordinada por ADEGA
21 denuncias de agresións ao río e ao seu entorno (vandalismo, asentamentos xitanos, verquidos, PXOM de Vilaboa, biodepuradoras…)
Celebración do Día mundial dos humidais, visitando as Brañas da Fonteiriña, na parroquia de Bértola, Vilaboa
Xornada de colocación de caixas niño no tramo urbano
Xornada de identificación de aves
Proposta ao Concello de Pontevedra para a inclusión como uso público da zona axardinada do edificio de Sanidade
Presentación do documental “Palleiro de Herba”
Presentación do estudo Edafolóxico do río Gafos
Inicio do estudo Mamíferos do río Gafos, con Juán Ramón López Dominguez e Tania Ballesteros, alumna da Universidade de Vigo
Creación dunha nova páxina Web
Creación dunha páxina en Facebook
Participación como ponentes na II Xornada de Patrimonio do Concello de Pontevedra cun relatorio sobre Custodia do Territorio.
Participación como ponentes na II Xornada de Custodia do territorio nas Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, celebrada no Concello de Betanzos
Participación no Proxecto ríos, coordinado por ADEGA
Colaboración na organización de 2 xornadas de Tai Chi
Todos os sábados realizáronse actividades varias coa colaboración do CIS (Centro de Inserción Social) de Vigo
2014
5 xornadas de limpeza da XIV campaña, coa colaboración da Asociación Juan XXIII
de Pontevedra
Presentación de alegacións ao proxecto da A-57 Vilaboa - A Hermida
2 xornadas de retirada de árbores caídas sobre o sendeiro do río no tramo rural
Campaña de divulgación por 7 CEIP de Pontevedra dos “Tesouros biolóxicos do río
Gafos I"
Presentación de alegacións á proposta da Xunta de Galicia de instalar 7 mini
depuradoras nas beiras do río Tomeza
4 paseos didácticos polo río dos Gafos con alumnos CEE Principe Felipe, co Colexio
de Avogados de Pontevedra, co IES F. Martín Sarmiento e co CEIP Froebel
Remate e edición do documental "Centeeira", dentro da triloxía “Construccións
efémeras no río Gafos”
Programa Noites Abertas 2014 do Concello de Pontevedra coa actividade
“Anelamento científico de aves”
Participación no programa Maio mes da Língua do Concello de Pontevedra, coa
presentación do libro de Calros Solla "O demo asubiador"
San Xoán - herbas e rituais
Participación no Programa Voz Natura “Os viveiros de hoxe, os árbores de mañá”
Participación na Xornada de limpeza simultánea de ríos, coordinada por ADEGA
11 denuncias de agresións ao río e ao seu entorno (vandalismo, asentamentos
xitanos, vertidos de colectores e de entullos, herbicidas, agresións ao patrimonio,
excrementos de cans,etc)
Celebración do Día mundial dos humidais, visitando as Brañas, no río Tomeza
Participación no Proxecto ríos, coordinado por ADEGA
Publicación e presentación do libro "O río da memoria" de Calros Solla
Colaboración na organización de 1 xornada de Tai Chi e Chi Kung
Reunión sobre saneamento do río co Director de Augas de Galicia, co Alcalde de
Pontevedra e co Alcalde de Vilaboa
Colocación de placa de recoñecemento aos veciños que recuperaron pra o uso
público o espazo ao carón da Rúa Alcalde Hevia
Solicitude do adecentamento -retirada da cancela e levantamento do camiño de
formigón- da "Carballeira do Menexo", ante a Consellería de Benestar Social
9 xornadas de mantemento e limpeza do río co programa "Voluntariado Europeo
Erasmus+"
Todos os sábados realizáronse actividades varias coa colaboración do
CIS (Centro de Inserción Social) de Vigo e ARELA (Asociación de Axuda
á Infancia)
2015
Participación no seminario de Xestión e Conservación dos Ecosistemas Fluviais organizado pola Universidade de Vigo
Saída divulgativa ás Brañas no Día dos Humidáis
2 saídas para o estudio de avelaíñas e outros insectos nocturnos
Apoio a loita xudicial do colectivo Salvemos Pontevedra
Participación na Xornada de Limpeza sSimultánea de ríos organizada por ADEGA
Solicitude de informe á Estación Fitopatolóxica do Areeiro pola seca de ameneiros no río Tomeza
Sinatura do Convenio de colaboración co CIFP A Granxa de Ponteareas para que alumn@s realicen proxectos no río Gafos
2 xornadas de erradicación da herba da pampa
2 xornadas de erradicación da falsa acacia
Exposición de fotos do río Gafos (Casa Pepe - O Marco)
3 xornadas de mantemento da presa e muíño do Toxal
Apoio (alegacións + "in situ") ao colectivo Salvemos a Fracha
Denuncia dos dous asentamentos xitanos ao carón do río Gafos
Celebración 15 anos de Vaipolorío
Presentación do documental "A limpeza na recuperación no río Gafos"
Proposta de Calros Solla para o premio Cidade de Pontevedra
Xornada de restauración do muiño de Cabanas
4 xornadas de mantemento do muiño de cabanas e do seu entorno
3 visitas guiadas ao río
Participación no programa VOZ NATURA
Xornada de construción de caixas niño na Escola de Capataces Forestáis de Lourizán
18 xornadas de limpeza (dende Figueirido ata R/Otero Pedrayo) con desbrozadoras para o mentemento do sendeiro
6 xornadas de limpeza dentro da Campaña de Limpeza 2015
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Xornada de Herbas e Rituáis de san Xoan
Xornada de retirada de árbores do río
Nota
Tódolos sábados do ano personal de Vaipolorío acompañou a persoas condenadas a cumprimento de traballos en beneficio da comunidades a a alumn@s do programa Erasmus+ a realizar traballos no río
2016
Participación no II seminario de Xestión e Conservación dos Ecosistemas Fluviais
organizado pola Universidade de Vigo
Saída divulgativa ás Brañas no Día dos Humidais
Participación na Xornada de Limpeza Simultánea de ríos coordinada por ADEGA
3 xornadas de erradicación da herba da pampa
3 xornadas de erradicación da falsa acacia
Exposición de fotos de Nelson do río Gafos
4 xornadas de mantemento da presa e muíño do Toxal
4 xornadas de mantemento do muíño de Cabanas e do seu entorno
Charla informativa en colaboración coa Asociación Heroes do Campo da Porta sobre a
Vespa Velutina
5 visitas guiadas ao río
Xornada de límpeza da ponte Valentín
Participación no programa VOZ NATURA
16 xornadas de limpeza (dende Figueirido ata R/ Otero Pedrayo) con desbrozadoras para
o mantemento do sendeiro
6 xornadas de limpeza dentro da Campaña de Limpeza 2016
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Xornada de Herbas e Rituais de San Xoán e presentación do documental “Herbas e rituais
de san Xoán”
2 xornadas de retirada de árbores do río
8 denuncias de vertidos ao río
Campaña de divulgación, por diferentes centros educativos, dos Tesouros Biolóxicos do río
Gafos II
Denuncia a Red Eléctrica Española por tala indiscriminada no río Toxal
Denuncia de tala de ameneiros no dominio público do río
Posta en coñecemento do Concello de Pontevedra da situación de deterioro das pasarelas
e pontes de madeira no tramo rural do río
Presentación do libro “Flora do río Gafos”
Participación na Asemblea Xeral Ordinaria da F.E.G. (Federación Ecoloxista Galega)
Coordinación do traballo “Listado de plantas de floración invernal do río Gafos”
Envío aos principais arquivos e bibliotecas de Galicia do diferente material publicado
(libros, audiovisuais, etc.)
Solicitude a ADIF e Fomento de adecentamento da vía de servizo do TAV
Participación no recoñecemento por parte da Fundación Cuña-Casasbellas a Vaipolorío
Proposta a "Asociación Difusión Felina" para o premio Cidade de Pontevedra 2016
Durante o ano 2016 sumáronse máis de 100 días de presenza activa en actividades directamente relacionadas co río
Nota
Tódolos sábados do ano personal de Vaipolorío acompañou a persoas condenadas a cumprimento de traballos en beneficio da comunidades a a alumn@s do programa Erasmus+ a realizar traballos no río
2017
Saída divulgativa ás Brañas no Día dos Humedáis
Colaboración coa Escola de Enxenería Forestal para a elaboración e
colocación de caixas niño
Colaboración con -v de vegetal- na presentación do libro Uso de 113
plantas silvestres de los campos norteños
2 xornadas de erradicación da herba da pampa
3 xornadas de erradicación da falsa acacia
Xornada de mantemento da presa e muíño do Toxal
Asistencia o convite do Concello de Teo para expoñer o traballo de
Vaipolorío
Asistencia o convite da organización de Artelixo de Redondela- para
expoñer o traballo de Vaipolorío
Saída botánica polo río na procura da “orella de rato”
Celebración da Noite Europea dos Morcegos
5 xornadas de mantemento do muíño de Cabanas e do seu entorno
4 visitas guiadas ao río
Xornada de limpeza da ponte Valentín
Presentación do documental “ Se coidas a auga,coidas a vida”
Participación no programa Voz Natura
12 xornadas de limpeza (dende Figueirido ata R/ Otero Pedrayo) con
desbrozadoras para o mantemento do sendeiro
6 xornadas de limpeza dentro da Campaña de Limpeza 2017
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Xornada de Herbas e Rituais de San Xoán
4 xornadas de retirada de árbores do río
Participación na Xornada de Limpeza Simultánea de ríos coordinada
por ADEGA
7 denuncias de vertidos o río e a súa contorna
Presentación do libro “Aves do río Gafos”
Recibimos o premio COGAVE (Confederación Galega de Asociacións
de Veciños) e a Federación de Veciños Castelao de Pontevedra
Inicio do Traballo Fin de Grado –TFG- do alumno Tomás López sobre
"Eliminación de especies invasoras nas ribeiras do río Gafos
2018
Saída divulgativa ás Brañas no Día dos Humedáis
2 xornadas de erradicación da herba da pampa
2 xornadas de erradicación da falsa acacia
3 xornada de mantemento da presa e muíño do Toxal
Asistencia o convite do Concello de Redondela para construción de caixas
niño
II Saída botánica polo río na procura da “orella de rato”
Celebración da Noite Europea dos Morcegos
Colocación caixas-refuxio para morcegos doazón da Facultade de Forestais
3 xornadas de mantemento do muíño de Cabanas e do seu entorno
Saída micolóxica para o catálogo de fungos do río Gafos con Jaime Blanco
Gravación dunha reportaxe con Auga de Sousas
5 visitas guiadas con escolares ao río
Presentación do libro "– "As plantas medicinais e comestibles no río dos
Gafos"-"
Recibimos doazón dunha cantidade importante de libros de temática
relacionada coa natureza do CFR – Centro de Formación e Recursos de
Pontevedra
Participación xornada sobre o proxecto Erasmus+
Este ano participaron 2 voluntarios + (1 Armenia e 1 Marruecos)
Participación no programa Voz Natura
10 xornadas de limpeza (dende Figueirido ata R/ Otero Pedrayo) con
desbrozadoras para o mantemento do sendeiro
5 xornadas de limpeza dentro da Campaña de Limpeza 2018
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Estrito a ADIF e o Concello de Pontevedra sobre a situación de abandono da
vía de servicio do TAV no tramo de Tomeza
Xornada de Herbas e Rituais de San Xoán
3 xornadas de retirada de árbores do río
Participación na Xornada de Limpeza Simultánea de ríos coordinada por
ADEGA
7 denuncias de vertidos o río e a súa contorna
1 obradoiro de construción de trampas para a vespa velutina
Puxese en coñecemento do Concello de Pontevedra o estado de deterioro de
pontes e pasais de madeira do sendeiro do río
Inicio do Traballo Fin de Grado –TFG- dun alumno da facultade de forestais
sobre a Planta invasora Tradescantia
Inicio do Traballo Fin de Grado –TFG- da alumna de A Granxa sobre "a hedra
e as súas funcións na ribeira do río Gafos”
2019
Saída divulgativa ás Brañas no Día dos Humedáis
2 xornadas de erradicación da herba da pampa
2 xornadas de erradicación da falsa acacia
3 xornada de mantemento da presa e muíño do Toxal
Saída botánica polo río na procura da “orella de rato”
Celebración da Noite Europea dos Morcegos
3 xornadas de mantemento do muíño de Cabanas e do seu entorno
5 visitas guiadas con escolares ao río
Participación no programa Voz Natura
6 xornadas de limpeza (dende Figueirido ata R/ Otero Pedrayo) con desbrozadoras para o mantemento do sendeiro
6 xornadas de limpeza da Campaña de anual
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Escrito a ADIF e o Concello de Pontevedra sobre a situación de abandono da vía de servicio do TAV no tramo de Tomeza
Xornada de Herbas e Rituais de San Xoán
3 xornadas de retirada de árbores do río
Participación na Xornada de Limpeza Simultánea de ríos coordinada por ADEGA
5 denuncias de vertidos o río e a súa contorna
Puxese en coñecemento do Concello de Pontevedra o estado de deterioro de pontes e pasais de madeira do sendeiro do río
Asistencia a asamblea da Federación Ecoloxísta Galega en Santiago
Participación nas xornadas ambientais no Ateneo Santa Cecilia de Marín
Traballo Fin de Grado –TFG- da alumna Tamara Pérez sobre "A hedra común no río gafos”
Reparación dos danos producidos no muíño de cabanas polo temporal
Presentación do libro"OS ESPELLOS DO PASADO. A lenda dourada do Gafos" de Calros Solla
Construcción dunha nova páxina web
Paseo reveindicativo polo tramo soterrado do río en Campolongo
Celebrase a declaración do río Gafos como ENIL
2020
Saída divulgativa ás Brañas no Día dos Humedais
2 xornadas de erradicación da herba da pampa
3 xornadas de mantemento da presa e muíño do Toxal
Saída botánica polo río na procura da “orella de rato”
Celebración da Noite Europea dos Morcegos
4 xornadas de mantemento do muíño de Cabanas e do seu entorno
2 visitas guiadas con escolares ao río
Participación no programa Voz Natura
5 xornadas de limpeza (dende Figueirido ata R/ Otero Pedrayo) con desbrozadoras para o mantemento do sendeiro
6 xornadas de limpeza da Campaña de anual
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Reiterarción estrito a ADIF sobre a situación de abandono da vía de servicio do TAV no tramo de Tomeza
Xornada de Herbas e Rituais de San Xoán
2 xornadas de retirada de árbores do río
Participación na Xornada de Limpeza Simultánea de ríos coordinada por ADEGA
4 denuncias de vertidos o río e a súa contorna
Paseo reveindicativo polo tramo soterrado do río en Campolongo
2021
Saída divulgativa ás Brañas no Día dos Humedais
3 xornadas de erradicación da herba da pampa
3 xornadas de mantemento da presa e muíño do Toxal
Saída botánica polo río na procura da “orella de rato”
Celebración da Noite Europea dos Morcegos
3 xornadas de mantemento do muíño de Cabanas e do seu entorno
3 visitas guiadas con escolares ao río
Participación no programa Voz Natura
9 xornadas de limpeza (dende Figueirido ata R/ Otero Pedrayo) con desbrozadoras para o mantemento do sendeiro
5 xornadas de limpeza da Campaña de anual
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Xornada de Herbas e Rituais de San Xoán
Participación no programa Ponteverán do Concello de Pontevedra
4 xornadas de retirada de árbores do río
Participación na Xornada de Limpeza Simultánea de ríos coordinada por ADEGA
3 denuncias de vertidos o río e a súa contorna
2022
Presentación do libro “Cogomelos das ribeiras do río dos Gafos
Recollida e plantacion de árbores doadas polo CFCA de Lourizán
Celebración do día Mundial da Auga xunto co IES Frei Martín Sarmiento e do IES Sanchez Cantón
3 xornadas de mantemento da presa e muíño do Toxal
Celebración da Noite Europea dos Morcegos
3 xornadas de mantemento do muíño de Cabanas e do seu entorno
Xornada de poda da maceira de río
Organizada unha charla sobre Dendrocronoloxía
4 visitas guiadas con escolares ao río
Participación en Coruña na xornada Encontros Inspiradores. Escondidos e olvidados; Recuperando os ríos urbanos
Iniciase co colectivo Capitán Gosende a elaboración dun inventario etnográfico do río dos Gafos
Participación no programa Voz Natura
10 xornadas de limpeza (dende Figueirido ata R/ Otero Pedrayo) con desbrozadoras para o mantemento do sendeiro
5 xornadas de limpeza da Campaña anual
Requerimento a Xunta de Galicia para a recollida de peixes que estaban a punto de morrer pola seca para a súa reubicación
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Xornada de Herbas e Rituais de San Xoán
Participación no programa Ponteverán do Concello de Pontevedra
4 xornadas de retirada de árbores do río
Participación na Xornada de Limpeza Simultánea de ríos coordinada por ADEGA
5 denuncias de vertidos e cortas no río e a súa contorna
Visita do alcalde de Vilaboa con membros de Vaipolorío o muíño do Toxal para iniciar o proceso de restauración
2023
Presentación do libro “Mananciais de Salcedo que van o río Tomeza-Gafos”
Gonzalo Sancho participou no Proxecto Innovaugas da Universidade Santiago de Compostela.
Presentación do libro “Auga mol en pedra dura. Inmobiliario etnográfico do río dos Gafos”
4 xornadas de mantemento do muíño do Toxal
Celebración da Noite Europea dos Morcegos
5 xornadas de mantemento do muíño de Cabanas e do seu entorno
Xornada de poda da maceira de río
Organizada unha charla sobre Dendrocronoloxía
Xornada de límpeza dos elementos vexetais da ponte do Couto do río Tomeza/Gafos
7 visitas guiadas con escolares ao río
Participación no programa Voz Natura
8 xornadas de limpeza con desbrozadoras para o mantemento do sendeiro
Plantación de froiteras autóctonas
5 xornadas de limpeza da Campaña anual
Participación no programa Noites Abertas do Concello de Pontevedra
Xornada de Herbas e Rituais de San Xoán
Participación no programa Ponteverán do Concello de Pontevedra
3 xornadas de retirada de árbores do río
Participación na Xornada de Limpeza Simultánea de ríos coordinada por ADEGA
8 denuncias de vertidos no río e a súa contorna
Presentación nas dependencias do concello ao alcalde de Vilaboa do libro “Auga mol en pedra dura. Inmobiliario etnográfico do río dos Gafos”
Enviase por correo certificado e acuse de recibo o alcalde de Pontevedra un exemplar do libro “Auga mol en pedra dura. Inmobiliario etnográfico do río dos Gafos” xa que non se tivo resposta a petición de entregalo en persoa
Estudiantado europeo plantaron sabugueiros no río Tomeza/Gafos procedentes de cinco países da UE(Croacia, Eslovaquia, Hungría, Grecia e España). Programa Erasmus+
Practicamente tódolos sábados realizaronse traballos diversos no río coa colaboración de persoal que realiza traballos en benificio da comunidade con esta asociación