Vaipolorío nace da necesidade de recuperar o Río dos Gafos, ante a deterioración medioambiental que estaba a sufrir e a falta de preocupación das distintas institucións que se supón que teñen que velar pola súa saúde.
Vendo que a resposta institucional non chegaba, un grupo de veciños e veciñas dos concellos de Vilaboa e Pontevedra decidimos poñernos "mans á obra" e levar adiante a tarefa de recupera-lo dito río.
A limpeza, o mantemento, o coidado, a promoción e a defensa do Río dos Gafos, así como todas aquelas accións que vaian en beneficio do Río e do seu contorno. Dende o seu nacemento en Figueirido (Vilaboa) ata a súa desembocadura na ría de Pontevedra.
O río Gafos é o espello no que nos retratamos os pontevedreses, reflexa o bo e o malo de nós
Cidade de Pontevedra
2001
Amigos de Pontevedra
2004
Bardos
2008
CEIP A Lama
2014
Fund. Cuña-Casasbellas
2016
COGAVE
2017
© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com