Microtopónimo ribeirán da freguesía de Santa María (Pontevedra). Corvaceira, abundancial de corvo, do latín corvu(m), co mesmo significado.
A corveira é o “lugar onde abundan os corvos ou onde teñen por costume facer o niño”.
O corvo é un “paxaro da familia dos córvidos (Corvus corax, Corvus corone corono…), de cor negra, de peteiro cónico, longo e forte, poutas con uñas robustas e cola en forma de gancho”. Outro corvo, común na ribeira, é o mariño ou mareiro (Phalacrocorax aristotelis).
Nas Corvaceiras, o río dos Gafos desemboca na ría de Pontevedra.
© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com