Microtopónimo ribeirán da freguesía de Bértola (Vilaboa). Evolución de A Insuíña, diminutivo de insua, do latín insula(m) “illa”. Hidrotopónimo.
Unha insua é “pequena illa no curso dun río”, tamén “terreo pantanoso”, ou “terreo de cultivo de regadío”.
Ponte da Ansuíña, pasadoiro do río dos Gafos.
© Vaipolorio | Deseño yagocamarero.com